Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Histórico de axudas

Axuda

Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias (TR340G)

Prazo Presentación: O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2014 - Data Fin Prazo: 30/09/14
  • Data publicación
    25/06/14
  • Corpo


    Obxecto

    Promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a alta na Seguridade Social das MULLERES cotitulares ou titulares de explotacións agrarias de Galicia.

    Beneficiarias

    As mulleres adicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.   

    1. Incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:   

    • a) Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014.   
    • b) Ter cincuenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
    • c) Que sexan cónxuxes ou descendentes da persoa titular da explotación agraria, sempre que este estea dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
    • d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007, modificada e ampliada pola Lei 35/2011 de 4 de outubro.   

    2. Mulleres de cincuenta ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:   

    • a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
    • b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive.
    • c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.

    Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.
       
    3. Serán requisitos para poder acceder á condición de beneficiaria das axudas establecidas nesta orde que non estivesen de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, nos 6 meses inmediatamente anteriores ao mes da súa alta no sistema especial, nin percibisen subvencións ao abeiro deste programa de incentivos en anteriores convocatorias.

    4. Para percibir as axudas establecidas nesta orde requírese que as mulleres beneficiarias estean incluídas no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.

    Tipo de axuda

    A contía total da axuda será de 3.000 euros por muller beneficiaria.

    Procedemento de concesión

    As subvencións se concederán unha vez sexa comprobado o cumprimento dos requirimentos e condicións establecidas na orde de convocatoria ata o esgotamento do crédito.

    Prazo de solicitude

    O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2014.

    Orde de convocatoria

    Orde do 13 de xuño 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº119, do 25 de xuño de 2014). 

  • Estado:
    Histórico

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas