Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Histórico de axudas

Axuda

Subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social (TR351A)

Prazo Presentación: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro. - Data Fin Prazo: 08/06/13
  • Data publicación
    08/05/13
  • Corpo


    SUBVENCION PARA A CONTRATACIÓN, POLAS ENTIDADES LOCAIS, DE DESEMPREGADOS/AS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS DE INTERÉS XERAL E SOCIAL (TR 351A)


    Obxecto

    Este programa ten por obxecto o fomento do emprego, no ámbito da colaboración coas entidades locais, a través da subvención da contratación de traballadores/as desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

    As axudas concedidas ao amparo desta orde poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego PO 2007 ES 05U PO 001, para o período 2007-2013.

    Beneficiarios

    Os traballadores e traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de interese social

    Será a entidade beneficiaria da subvención a responsable de comprobar que no momento do inicio da relación laboral, a persoa seleccionada estea inscrita na oficina de emprego como demandante non ocupado dispoñible para o emprego.

    Os traballadores e traballadoras que foran contratados, por un período igual ou superior a seis meses con cargo as axudas concedidas ao amparo das ordes da Consellería de Traballo e Benestar do 28 e 29 de febrero; e de 27 de setembro de 2012 de convocatoria, respectivamente, dos programas de cooperación en colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/-as, así como axentes de emprego e/ou unidades de apoio (DOG nº 50 e 188, do 12 de marzo e 2 de outubro de 2012, respectivamente), non poderán ser contratados con cargo as axudas previstas nesta orde.

    Entidades beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos

    Axudas

    A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será:

    a)    Para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes máximos:

    • Para o grupo de cotización   1:    2.700 €.
    • Para o grupo de cotización   2:    2.200 €.
    • Para o grupo de cotización   3:    2.000 €.
    • Para o grupo de cotización   4:    1.900 €.
    • Para o grupo de cotización   5:    1.800 €.
    • Para o grupo de cotización   6:    1.700 €.
    • Para o grupo de cotización   7:    1.600 €.
    • Para o grupo de cotización   8:    1.500 €.
    • Para o grupo de cotización   9:    1.500 €.
    • Para o grupo de cotización 10:    1.500 €.

    Estes importes máximos incrementaranse nun 15% no caso de que as contratacións se realicen nunha obra ou servizo solicitado conxuntamente.

    b)    Para efectos de incentivo á mobilidade xeográfica, será de 180 € mensuais por cada beneficiaria do programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia contratada que reúna os requisitos para percibilo.

    A contía da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

    A efectos destas subvencións, non se consideran custos salariais elixibles, o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1º

    c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e pluses extrasalariais que non formen parte da base de cotización.

    O importe das subvencións reguladas nesta orde, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

    Asignarase a cada concello solicitante, una axuda mínima equivalente ás contratacións que lle correspondan en función do seu número de habitantes e de conformidade co tramo no que se atope segundo a seguinte escala:

    • Ata 1.000 habitantes:             1 contratacións.
    • De 1.001 a 2.000 habitantes:    2 contratacións.
    • De 2.001 a 5.000 habitantes:    3 contratacións.
    • De 5.001 a 20.000 habitantes:  4 contratacións.
    • Máis de 20.000 habitantes:      5 contratacións.

    A contía máxima subvencionable para cada concello beneficiario será a equivalente, en número de contratacións, a 300.000 euros.

    Solicitudes


    Tramitarase necesariamente en SEDE ELECTRÓNICA a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia que a poderá atopar en:

    https://sede.xunta.es.

    Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo representante legal da entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro. A estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

    Prazo de resolución: 5 meses

    Sentido do silencio: NEGATIVO

    Orde de convocatoria

    Orde do 3 de maio de 2013  pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2013. (DOG nº 88, de 8 de maio de 2013).

  • Estado:
    Histórico