Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Seguridade e Saúde Laboral > Información para obras de construción

Información para obras de construción

ANEXO II: NOTA INFORMATIVA SOBRE AS OBRIGACIÓNS E OS CRITERIOS XERAIS DE PRL A SEGUIR POLAS EMPRESAS PROMOTORAS E CONTRATISTAS QUE REALIZAN OBRAS MENORES

O informe Análise da Sinistralidade e as súas Causas en Obras Menores aprobado no pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), constatou que existe unha elevada sinistralidade asociada á falta de cumprimento por parte das empresas implicadas sobre as súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais e á inadecuada xestión da seguridade e saúde neste tipo de obras. Estas circunstancias  e o feito de que este tipo de obras, a pesar da súa pequena contía, curta duración e ausencia de proxecto, impliquen, en numerosas ocasións, traballos de alto perigo tradúcese en cifras de sinistralidade preocupantes, destacando os accidentes de traballo por caída en altura con resultado de lesión grave ou mortal.
No marco dos principios da acción preventiva sinalados no artigo 15 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, e tendo en conta as obrigacións legais de promotores e contratistas recollidas, principalmente, no Real Decreto 1627/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción, a Lei 32/2006 reguladora da subcontratación no Sector da Construción, e no V Convenio Xeral do Sector da Construción, mediante esta nota lémbranse as principais actuacións que deben levar a cabo as empresas promotoras e contratistas, tamén nas obras menores, para garantir as seguridade e saúde dos traballadores:

 

PROMOTOR

  • Solicitar e transmitir ao contratista información sobre os riscos, as medidas preventivas da obra (especialmente en relación ao emprazamento e concorrencia de empresas e traballadores autónomos) e as medidas de emerxencia que se deben aplicar.
  • Designar aos técnicos competentes para dirixir, executar, coordinar e supervisar a obra. A designación do Coordinador de Seguridade e Saúde en fase de execución é preceptiva sempre que interveña na obra máis dunha empresa, ou unha empresa e traballadores autónomos ou diversos traballadores autónomos.
  • Levar a cabo un labor de coordinación e supervisión das condicións de seguridade e saúde na obra segundo o disposto na lexislación aplicable.

 

CONTRATISTA

  • Efectuar a apertura do centro de traballo previa ao comezo da obra conforme á Orde TIN/1071/2010 acompañada coa correspondente avaliación de riscos adecuada a cada obra.
  • Establecer os procedementos de traballo, definindo que, quen e como se van a realizar as tarefas de forma segura, incluíndo as medidas de protección colectiva e individual adecuadas para as tarefas contratadas.
  • Cumprir e facer cumprir aos subcontratistas e traballadores autónomos as medidas de seguridade e saúde establecidas nos procedementos de traballo.
  • Proporcionar a información e a formación necesarias aos traballadores e cumprir cos requisitos profesionais que recolle o  V Convenio Xeral do Sector da Construción, onde se prohibe  explicitamente ao grupo profesional tipo 1 (peóns ordinarios e aprendices) realizar traballos que impliquen a súa realización en altura situados sobre equipos, medios auxiliares ou elementos provisionais.
  • Inscribirse no REA (Rexistro de Empresas Acreditadas) e diligenciar un Libro de Subcontratación, se procede segundo a Lei 32/2006 desenvolvida polo RD 1109/2007.
  • Nomear recursos preventivos, cando sexa necesario de acordo á súa normativa de aplicación (artigo 32 bis e DA décimo cuarta da Lei de Prevención de Riscos Laborais, artigo 22 bis e DA décima do RD 39/1997, e DA única do RD 1627/1997).