Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Emprego > Servizos ao Demandante de Emprego > Modificación Currículum Vitae

Modificación do Currículum Vitae

Información Xeral

O currículo vitae dun demandante é xerado cando se procede á súa alta como demandante de servizos.

O procedemento que se segue é o de presentarse na Oficina de Emprego cun documento identificativo e tras unha entrevista na que se presenta documentación acerca das titulacións, expericiencia laboral, coñecemento de idiomas, etc, que se teña vaise xerando o currículo.

A medida que o demandante de emprego vaia realizando cursos ou tendo experiencia laboral pode necesitar actualizar o currículo vitae para o que pode desprazarse á oficina de emprego para proceder á actualización ó ben acceder ao Portal de Emprego e solicitar a modificación, sendo necesario nalgúns casos achegar documentación de modo presencial na oficina de emprego.

Unha vez feita a solicitude de modificación do currículo vitae, a Oficina de Emprego estuda o cambio e se é necesario o achegue ou non de documentación para proceder ao mesmo.

En caso de realizar ao solicitude a través do Portal de Emprego é necesario dispor dun usuario e contraseña. En caso de non dispor dunha, póñase en contacto coa súa Oficina de Emprego onde pode facilitarlle unha.

TELÉFONOS DE ATENCION  

Atención ao Demandante

012

Atención ao Ofertante

012