Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Normativa

[ Orde ]

Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establece o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa de estabilidade en sectores de actividade.

Data de Publicación: 05/05/08
  • Aprobada
  • Tema:
    Xeral
  • Descrición:

     Procedemento:

    Os acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade deberán acadarse, no prazo dun mes desde a data de entrada en vigor desta orde, no seo do Consello Galego de Relacións Laborais, estando lexitimados para a súa sinatura as organizacións sindicais e empresariais máis representativas en Galicia, e as partes que negociaron e asinaros o convenio colecivo sectorial. En defecto de acordo, publicarase resolución do director xeral de Promoción do Emprego nos 15 días seguintes ao remate do prazo dun mes

    Contido do acordo:

    O acordo sobre a taxa sectorial de estabilidade deberá establecer a taxa de estabilidade inicial do sector, asi como a taxa de estabilidade mínima que deberán alcanzar as empresas para poder acceder aos incentivos do programa de plans empresariais de estabilidade no emprego no ano 2007.

    Ámbito de aplicación:

    Os sectores productivos que poderán ser obxecto de acordo sobre a taxa de estabilidade son:

    a. Agricultura, gandaría, caza e silvicultura,

    b. Industria téxtil e da confección,

    c. Construción,

    d. Comercio retallista, agás o comercio de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores;reparación,

    e. Hostalaría.

    f. Industrias agroalimentarias.

    Ademais, poderán acadar estes acordos todos aqueles sectores de actividade en que exista un convenio colectivo sectorial, inclúa ou non unha cláusula sobre a taxa de estabilidade

    Orde do 28 de abril de 2008 (DOG nº 85 de 5 de maio de 2008)