Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Observatorio do Emprego

Instrumento técnico para coñecer o funcionamento do mercado laboral, proporcionando informacións claves para o deseño das políticas de formación profesional.

Obxetivos

    • Coñecer a situación do mercado de traballo e a súa futura evolución, descubrindo e estudando os factores que os condicionan e determinan.
    • Coñecer como varían as ocupacións, que requisitos profesionais son os que máis se solicitan e, polo tanto, cales son as necesidades de formación detectadas.
    • Coñecer as posibilidades de emprego e as necesidades de formación por actividades e para os colectivos con peor situación no mercado de traballo, segundo a evolución e perspectivas de emprego e a formación.

Funcións

    • Impulsar o estudo das novas profesións e dos novos filóns de emprego, coa súa oportuna oferta formativa. Así mesmo, dar información sobre aqueloutras profesións que tenden a desaparecer en Galicia.
    • Proporcionar información sobre:
      • A evolución das demandas, ofertas e contratacións de profesións e ocupacións.
      • Os cambios nos perfís profesionais, de acordo coas ofertas de traballo.
    • Estudo dos sectores produtivos galegos máis significativos, obtendo información necesaria para orientar a determinación das cualificacións profesionais.
    • Observación da relación formación-emprego para lograr o grao de adaptación efectiva que se consegue entre a formación impartida polas institucións e centros de formación e os requirimentos dos traballos nas empresas.
    • Observar e analizar as necesidades do mercado de traballo que requiran a posta en marcha de accións de emprego e formación.
    • Información e divulgación do desenvolvemento destas accións de xeito continuado a través de seminarios, conferencias, charlas, artigos, publicacións, estudos, etc.