Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Peches patronais

Peches patronais

Os empresarios soamente poderán proceder ao peche do centro de traballo en caso de folga ou calquera outra modalidade de irregularidade colectiva no réxime de traballo, cando concorran algunha das circunstancias seguintes:
a) Existencia de notorio perigo de violencia para as persoas ou de danos graves para as cousas
b) Ocupación ilegal do centro de traballo ou de calquera das súas dependencias, ou perigo certo de que esta se produza
c) Que o volume de inasistencia ou irregularidades no traballo impidan gravemente o proceso normal de produción.


COMUNICACIÓN Á AUTORIDADE LABORAL

O empresario que proceda ao peche do centro de traballo deberá comunicalo á autoridade laboral.

Prazo de comunicación: 12 horas.


REQUIRIMENTO DE APERTURA

A autoridade laboral poderá requirir a empresario, de oficio ou a instancia dos traballadores, que reabra o centro de traballo no prazo que dispoña no propio requirimento, por calquera das seguintes causas:
1) Por non concorrer motivo legal de peche a xuízo da autoridade laboral
2) Por considerar a autoridade laboral que aínda que o peche estimo inicialmente xustificado desapareceron as causas que o motivaron


INFORMACIÓN ESTATÍSTICA 

A autoridade laboral efectúa o seguimento dos peches patronais que se comunican e posteriormente publica información estatística da incidencia en Galicia destas manifestacións de conflitividade laboral.

NORMATIVA

Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo.

ONDE ACUDIR

Peches patronais de ámbito autonómico:

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaria Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781  Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 743
Fax: 981 957 751

Peches patronais de ámbito provincial:

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
Servizo de Emprego e Economía Social
Avda. Salvador de Madariaga, nº 9 – 1º. Centro comercial de Elviña
15008  A Coruña
Tel.: 981 182 393
Fax: 981 182 398

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria estar de Lugo
Servizo de Emprego e Economía Social
Ronda da Muralla, 70
27001  Lugo
Tel.: 982 294 331
Fax: 982 294 359

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense
Servizo de Emprego e Economía Social
Av. da Habana, 79
32004 Ourense
Tel.: 988 386 402
Fax: 988 386 933

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo
Servizo de Emprego e Economía Social
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36202  Vigo
Tel.: 986 817 014
Fax: 986 817 010

 

Destacados

    Non hai ligazóns destacadas