Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Competencias clave para o ano 2017

Resolución do 27 de febreiro de 2017 -DOG do 7 de marzo 2017 , da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I, Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II, Calendario do procedemento
  • Anexo III, Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
  • Anexo IV, Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V, Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
  • Anexo VI, Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira

Lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra) como nas últimas convocatorias (ver artigo nº  10  da Resolución)

Recomendacións:

  • No se esquezan de asinar a solicitude
  • Prégase entregar a solicitude o antes posible
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar fotocopia coa solicitude (ver artigo nº 7 a). da Resolución)
  • No caso de solicitudes cumprimentadas a man, prégase claridade nos datos
  • No caso de presentarse as probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude

Prazo de solicitudes abrangue do  8 de marzo ata o 24 de marzo 2017 ambos inclusive. Prema para acceder á solicitude

  

Para  contactar co Instituto Galego das Cualificacións:
•    Teléfono de contacto:     981 546 840     
•    Fax:     981 546 856
•    Correo electrónico:      ctb.igcualif@xunta.es
 

 

 

 

Tarjeta Informativa Competencias Clave

Consulta de notas