Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Competencias clave para o ano 2018

Resolución do 16 de febreiro de 2018 -DOG do 26 de febreiro 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:

Publícanse a relación definitiva de ADMITIDOS e excluídos seguindo o calendario do anexo II da resolución (artigo 9):

O lugar de realización das probas o sábado 12 de maio 2018, no Recinto Feiral Internacional de Silleda (Pontevedra).

As persoas admitidas teñen que acudir ao pavillón nº 2.

Os chamamentos comezan ás 09:00 horas para as probas da mañá (nivel II) e ás 15:30 para as probas da tarde (nivel 3).

O pavillón terá 12 portas de entrada na quenda da maña, e 5 portas na quenda darte; pódese consultar no buscador de portas o número de porta á que debe acudir (Para a entrada na porta realizase a comprobación da identidade con DNI, NIE ou Pasaporte)
 
As persoas que solicitaron algún tipo de adaptación deben acudir a porta nº 1, nas dúas quendas.

Tamén hai paneis informativos – enriba da porta principal do pavillón 2 - onde se pode consultar a porta de entrada.

Para axilizar ao máximo a entrada nas distintas portas e comezar o antes posible a realización das probas e importante, consultar previamente no buscador de portas.

Os participantes deberan traer documento acreditativo da súa identidade, bolígrafo negro ou azul e calculadora (para a proba de matemáticas).

Toda a información necesaria consta no bloque da Convocatoria 2018.

Para  contactar con el  Instituto Galego das Cualificacións:
•    Teléfono de contacto:     981 546 856      981 541 562      981 546 840
•    Correo electrónico:      ctb.igcualif@xunta.es

 

Consulta de notas