Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Competencias clave para o ano 2018

Resolución do 16 de febreiro de 2018 -DOG do 26 de febreiro 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Cumprindo o calendario do anexo II da resolución, publícanse os resultados definitivos das probas realizadas o pasado 12 de maio de 2018.

Para consultar o resultado obtido introducir o DNI/NIE na "Consulta de notas".

Os resultados positivos de APTO obtidos nas probas realizadas comunícanse ao Servizo Publico de Emprego para que conste no expediente individualizado de todas as persoas que aprobaron as competencias clave, para os efectos das xestións que se realicen nas oficinas de emprego.

En breve prazo enviarase por correo postal o certificado do resultado das probas ao enderezo que consta na solicitude de inscrición.

Para  contactar con el  Instituto Galego das Cualificacións:

•    Teléfono de contacto:     981 546 856      981 541 562      981 546 840
•    Correo electrónico:      ctb.igcualif@xunta.es

 

Consulta de notas