Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Convocatorias

Recoñecemento da Experiencia Profesional

FSE

 

Nova orde de convocatoria pública para o ano 2018.

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional (Anexos III, IV y V).

 

Listaxes definitivas de persoas candidatas admitidas

Listaxes defininivas de persoas candidatas excluídas

 

Listaxes provisionais de persoas candidatas admitidas e excluídas

Listas provisionales de personas candidatas preferentes

 

FASE DE AVALIACIÓN Candidatos listaxe de espera 2017

Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a contixencias no medio natural e rural

CALENDARIOS DE AVALIACIÓN

Calendarios de avaliación: As probas de avaliación nesta cualificación profesional combinarán simulacións de situacións reais de traballo e/ou entrevista profesional.
As avaliacións terán lugar no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago-O Pedroso. Enderezo: San Paio do Monte, s/n, 15898 Santiago de Compostela. As probas de simulación dalgunhas unidades de competencia poderán ter lugar no Monte do Pedroso.
As avaliacións realizaranse entre os días días 16 e 22 de abril

Calendarios de avaluación do 16 ao 22 de abril

Condicións de realización das probas de avaliación:

  • Presentación ás probas: os candidatos deberán persoarse, identificándose co seu DNI, no correspondente centro de avaliación con media hora de antelación en relación á hora que teñen programada a avaliación no calendario, e achegar o xustificante do pago das taxas de avaliación ou da exención das mesmas.

  • Consentimento informado: os candidatos deben traer lido e firmado o seguinte consentimento informado, sobre as condicións de realización da proba de avaliación e o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais.

  • Meteoroloxía: As avaliacións mediante simulación de situacións reais de traballo poderán cancelaranse ou suspenderanse en caso de meteoroloxía adversa: choiva persistente e/ou vento, así como en caso de que o Índice de Risco Diario de Incendios (IRDI) sexa alto, moi alto ou extremo. En tal caso publicarase un aviso con antelación de a lo menos un día a través desta mesma páxina web.

  • Equipos de traballo e Equipos de Protección Individual: Para as probas de simulación os candidatos deberán ir provistos dos seus propios equipos de traballo e de protección individual, segundo as unidades de competencia ás que se presenten:
    Para a UC1964_2: Executar labores de vixilancia e detección de incendios forestais, mantemento de infraestruturas de prevención e extinción, e informar á poboación, UC1965_2: Executar operacións de extinción de incendios forestais, e UC1966_2: Realizar labores de apoio en continxencias no medio natural e rural:

    • Casco de intervención en incendios forestais ou urbanos con pantalla protectora ou no seu defecto gafas de protección.
    • Bota de extinción de incendios forestais ou urbanos (ou bota de seguridade).
    • Guantes de intervención en incendios forestais ou urbanos.
    • Funda/buzo de intervención en incendios forestais ou traxe de intervención en incendios urbanos.
    • Máscara de incendios forestais para a protección de inhalación de fume e partículas de cinza ou máscaras de protección respiratoria contra o polvo clase FFP1 ou similar.

Para a UC0272_2: Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia: non é necesario que os candidatos acheguen equipo algún.

 

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

Taxas de avaliación

CALENDARIOS DE AVALIACIÓN

Candidatos Avaliación A Coruña: a avaliación realizarase na Oficina de Emprego de Coruña – Tornos, Avda. de Finisterre, 227-229, 1º A, A Coruña

Candidatos Avaliación Lugo: a avaliación realizarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug (Albergue Xuvenil Eijo Garai) Rua Pintor Corredoira, 2, Lugo

Candidatos Avaliación Ourense: a avaliación realizarase no Centro de Formación Profesional Valverde (Xunta de Galicia) Lugar Valverde, nº 9, Allariz, Ourense

Candidatos Avaliación Pontevedra: a avaliación realizarase no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes -Vigo(Residencia Asistida Monte Arieiro) , Monte Arieiro s/n, Vigo

 

Atención sociosanitaria a personas dependentes en institucións sociais

Taxas de avaliación

CALENDARIOS DE AVALIACIÓN

Candidatos Avaliación A Coruña: a avaliación realizarase na Oficina de Emprego de Coruña – Tornos, Avda. de Finisterre, 227-229, 1º A, A Coruña

Candidatos Avaliación Lugo: a avaliación realizarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug (Albergue Xuvenil Eijo Garai) Rua Pintor Corredoira, 2, Lugo

Candidatos Avaliación Ourense e Pontevedra: a avaliación realizarase no Centro de Formación Profesional Valverde (Xunta de Galicia) Lugar Valverde, nº 9, Allariz, Ourense

 

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional