Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Convocatorias

Recoñecemento da Experiencia Profesional

 logo_fse_2017_gl

PUBLICACIÓN DA PRIMERA CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O ANO 2019.

ORDE do 3 de decembro de 2018 pola que se realiza a primeira convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Cualificacións que se convocan:

  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Extinción de incendios e salvamento
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural

O prazo de inscrición e dende o 13 de decembro de 2018 ó 4 de xaneiro de 2019, ambos incluídos

Durante o mes de xaneiro publicaráse unha segunda Orden na que se incluirán 7 novas cualificacións profesionais

 

ORDEN DE CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O ANO 2017

ENTREGA DAS ACREDITACIÓNS DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS

As persoas que demostraron a súa competencia profesional no procedemento de recoñecemento da experiencia laboral desenvolvido no ano 2017, segundo a Orden de 30 de diciembre de 2016, e non acudiron ao acto de entrega celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, o día 9 de xullo de 2018, poden recoller os seus Certificados de Profesionalidade e/ou Acreditacións de Unidades de Competencia, a partir do 17 de setembro de 2018, no Instituto Galego de Cualificacións, na seguinte dirección:

Instituto Galego Cualificacións
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Rúa San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

 

 

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional