Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional (Anexos III, IV y V).
Calendarios de avaliación: As probas de avaliación nesta cualificación profesional combinarán simulacións de situacións reais de traballo e/ou entrevista profesional.
As avaliacións terán lugar no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago-O Pedroso. Enderezo: San Paio do Monte, s/n, 15898 Santiago de Compostela. As probas de simulación dalgunhas unidades de competencia poderán ter lugar no Monte do Pedroso.
As avaliacións realizaranse entre os días días 16 e 22 de abril
Calendarios de avaluación do 16 ao 22 de abril
Condicións de realización das probas de avaliación:
Presentación ás probas: os candidatos deberán persoarse, identificándose co seu DNI, no correspondente centro de avaliación con media hora de antelación en relación á hora que teñen programada a avaliación no calendario, e achegar o xustificante do pago das taxas de avaliación ou da exención das mesmas.
Consentimento informado: os candidatos deben traer lido e firmado o seguinte consentimento informado, sobre as condicións de realización da proba de avaliación e o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais.
Meteoroloxía: As avaliacións mediante simulación de situacións reais de traballo poderán cancelaranse ou suspenderanse en caso de meteoroloxía adversa: choiva persistente e/ou vento, así como en caso de que o Índice de Risco Diario de Incendios (IRDI) sexa alto, moi alto ou extremo. En tal caso publicarase un aviso con antelación de a lo menos un día a través desta mesma páxina web.
Equipos de traballo e Equipos de Protección Individual: Para as probas de simulación os candidatos deberán ir provistos dos seus propios equipos de traballo e de protección individual, segundo as unidades de competencia ás que se presenten:
Para a UC1964_2: Executar labores de vixilancia e detección de incendios forestais, mantemento de infraestruturas de prevención e extinción, e informar á poboación, UC1965_2: Executar operacións de extinción de incendios forestais, e UC1966_2: Realizar labores de apoio en continxencias no medio natural e rural:
Para a UC0272_2: Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia: non é necesario que os candidatos acheguen equipo algún.
Candidatos Avaliación A Coruña: a avaliación realizarase na Oficina de Emprego de Coruña – Tornos, Avda. de Finisterre, 227-229, 1º A, A Coruña
Candidatos Avaliación Lugo: a avaliación realizarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug (Albergue Xuvenil Eijo Garai) Rua Pintor Corredoira, 2, Lugo
Candidatos Avaliación Ourense: a avaliación realizarase no Centro de Formación Profesional Valverde (Xunta de Galicia) Lugar Valverde, nº 9, Allariz, Ourense
Candidatos Avaliación Pontevedra: a avaliación realizarase no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes -Vigo(Residencia Asistida Monte Arieiro) , Monte Arieiro s/n, Vigo
Candidatos Avaliación A Coruña: a avaliación realizarase na Oficina de Emprego de Coruña – Tornos, Avda. de Finisterre, 227-229, 1º A, A Coruña
Candidatos Avaliación Lugo: a avaliación realizarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug (Albergue Xuvenil Eijo Garai) Rua Pintor Corredoira, 2, Lugo
Candidatos Avaliación Ourense e Pontevedra: a avaliación realizarase no Centro de Formación Profesional Valverde (Xunta de Galicia) Lugar Valverde, nº 9, Allariz, Ourense