Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Convocatorias

Recoñecemento da Experiencia Profesional

FSE

 

Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural

Calendarios de avaliación: As probas de avaliación nesta cualificación profesional combinarán simulacións de situacións reais de traballo e/ou entrevista profesional.

As avaliacións terán lugar no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago-O Pedroso. Enderezo: San Paio do Monte, s/n, 15898 Santiago de Compostela. As probas de simulación dalgunhas unidades de competencia poderán ter lugar no Monte do Pedroso.

As avaliacións realizaranse entre os días días 28 de novembro e 2 de decembro:

Calendarios de avaliación:

Condicións de realización das probas de avaliación:

  • Presentación ás probas: os candidatos deberán persoarse, identificándose co seu DNI, no correspondente centro de avaliación con media hora de antelación en relación á hora que teñen programada a avaliación no calendario, e achegar o xustificante do pago das taxas de avaliación ou da exención das mesmas.
  • Consentimento informado: os candidatos deben traer lido e firmado o seguinte consentimento informado, sobre as condicións de realización da proba de avaliación e o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais.
  • Meteoroloxía: As avaliacións mediante simulación de situacións reais de traballo poderán cancelarse ou suspenderanse en caso de meteoroloxía adversa: choiva persistente e/ou vento, así como en caso de que o Índice de Risco Diario de Incendios (IRDI) sexa alto, moi alto ou extremo. En tal caso publicarase un aviso con antelación de a lo menos un día a través desta mesma páxina web.
  • Equipos de traballo e Equipos de Protección Individual: Para as probas de simulación os candidatos deberán ir provistos dos seus propios equipos de traballo e de protección individual, segundo as unidades de competencia ás que se presenten:

    Para a UC1964_2: Executar labores de vixilancia e detección de incendios forestais, mantemento de infraestruturas de prevención e extinción, e informar á poboación, UC1965_2: Executar operacións de extinción de incendios forestais, e UC1966_2: Realizar labores de apoio en continxencias no medio natural e rural:

    • Casco de intervención en incendios forestais ou urbanos con pantalla protectora ou no seu defecto gafas de protección.
    • Bota de extinción de incendios forestais ou urbanos (ou bota de seguridade).
    • Guantes de intervención en incendios forestais ou urbanos.
    • Funda/buzo de intervención en incendios forestais ou traxe de intervención en incendios urbanos.
    • Máscara de incendios forestais para a protección de inhalación de fume e partículas de cinza ou máscaras de protección respiratoria contra o polvo clase FFP1 ou similar.
  • Para a UC0272_2: Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia: non é necesario que os candidatos acheguen equipo algún.

 

SOCORRISMO ACUÁTICO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS

Taxas de avaliación

A avaliación realizarase na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n - 36680 A Estrada - Pontevedra

Condicións de realización das probas de avaliación:

  1. Presentación ás probas: os candidatos deberán personarse, identificándose co seu  DNI, na Academia Galega de Seguridade Pública,  con media hora de antelación en relación á hora que teñen programada a avaliación no calendario.
  2. Roupa adecuada para as probas: As probas de avaliación de todas as unidades de competencia combinarán entrevista profesional e/ou simulacións de situacións reais de traballo.

Para as probas de simulación, que se realizarán na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, os candidatos deberán ir provistos de bañador, chanclas, gorro e aletas, que empregarán durante o desenvolvemento das pruebas de avaliación. Tamén deberán levar unha mochila ou bolsa para gardar todas as pertenenzas personais (roupa, toalla, etc.) durante a realización das probas
A continuación indícanse os calendarios de avaliación previstos:

Calendarios de avaliación:

 

 

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional

REXP: Recoñecemento da Experiencia Profesional