Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Proxecto GEMCAT

A Secretaría Xeral de Emprego participa como socio beneficiario principal do Proxecto GEMCAT (0345_GEMCAT-6-E), Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020.

A súa duración é dende setembro de 2017 ata setembro de 2019, cun presuposto total de 1.376.190,00 euros, cunha participación do 75 % de Fondos FEDER e o 25 % restante de fondos propios, repartido entre os socios.

Interveñen como socios varias rexións do espazo de cooperación da fronteira hispano- portuguesa.

-A Comunidade Autónoma de Galicia.
-A Comunidade Autónoma de Castela e León.
-A Comunidade Autónoma de Estremadura.
-No territorio portugués o ámbito de actuación é a Rexión Norte (CIM Alto Minho, Municipio de Braga e Universidade de Oporto).

O obxectivo principal do proxecto é mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e mantemento dun emprego de calidade, a través da cooperación entre os cidadáns, interlocutores sociais e as institucións.

Para mais información pinche aquí.