Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Proxecto LACES

A Secretaría Xeral de Emprego participa como beneficiario principal do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza (POCTEP),  Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020.

A súa duración é dende octubre do 2015 ata decembro do 2019 e ten un orzamento total de 2.917.543,32 €, cunha participación do 75 % de fondos FEDER e o 25 % restante de fondos propios, repartidos entre os distintos socios participantes.

Interveñen como socios do proxecto varias rexións do espazo de cooperación da fronteira galego- portuguesa: Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Tras os Montes e Alto Douro, TecMinho, a Associação para o Centro de Incubação de Base Tecnológica do Minho, a Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave e as asociacións de economía social de Galicia EspazoCoop, Agaca e Aesgal.

O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego.

O dito obxectivo pretende ser acadado a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo. Así mesmo o proxecto LACES actuará como fonte de coñecemento e innovación para lograr modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e de emprego de calidade na eurorrexión.

Para mais información pinche aquí.