Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Cualificación profesional.Construción naval

Cualificación profesional.Construción naval
  • Ano:
    2004
  • Resumo:

    O Instituto Galego das Cualificacións, co fin de impulsar e adecuar os niveis de competencia profesional dos traballadores galegos aos requirimentos específicos do noso sistema produtivo, levou a cabo o proxecto de elaboración das cualificacións profesionais dun sector estratéxico na economía de Galicia, como é o sector da construción naval.

    As cualificacións profesionais definidas neste sector inclúen competencias que requiren unha ampla formación básica e polivalente, necesaria para poñer en práctica os equipos actuais e os que estean en vías de desenvolvemento. Á vez, púxose especial atención nos aspectos de calidade, prevención de riscos laborais e protección medioambiental. As cualificacións profesionais definidas inclúen tamén requirimentos de especial actitude para o traballo en equipo, capacidades de iniciativa, autonomía, toma de decisións, responsabilidade e innovación do proceso operativo. De igual forma, intentouse non crear cualificacións profesionais demasiado específicas, co fin de non encadrar ao traballador nun campo demasiado concreto e dotalo dunha maior flexibilidade e polivalencia, permitíndolle desenvolver coñecementos e capacidades o máis amplos posible para posibilitar a mobilidade en empresas do sector e incluso de sectores relacionados.

  • Órgano Editor:
    Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Formación e Colocación, Instituto Galego das Cualificacións
  • Ano de edición:
    2001
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • Formato:
    30 x 21 cm
  • Tipo Doc:
    Estoxo con 5 folletos
  • Imprime:
    Grafisant
  • Observación:

    Existe tamén unha ed. en castelán

    Contén 5 folletos nun estoxo cos seguintes tít.:

    1. Armado e montaxe de estruturas

    2. Tubería e instalación naval

    3. Deseño na industria naval

    4. Soldadura

    5. Programación e control da produción