Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Elaboración das cualificacións profesionais da pedra natural

Elaboración das cualificacións profesionais da pedra natural
  • Ano:
    2002
  • Resumo:

    A Elaboración das cualificacións profesionais da pedra natural é unha publicación complementaria ás cualificacións, onde se pretende reflectir o proceso levado a cabo na súa elaboración. Neste traballo proporciónase unha información básica sobre a elaboración das cualificacións profesionais, que pode estructurarse en tres bloques:

    1. Unha análise xeral do sector, na que se recollen os seus principais problemas, características e unha visión europea da formación e as cualificacións profesionais.
    2. A metodoloxía empregada no proceso de identificación e determinación das competencias profesionais e unha explicación detallada de cada unha das cualificacións profesionais resultantes.
    3. Un estudo de prospectiva que permita identificar os cambios previsibles nas cualificacións para facilitar a súa revisión futura.

    Cómpre destacar que unha parte fundamental da metodoloxía empregada neste traballo está baseada na participación e implicación do sector en todo o proxecto, xa que, por unha parte, é o propio sector o que debe realizar a identificación das competencias, a través dun grupo de expertos que acheguen os seus coñecementos técnicos e a súa experiencia profesional e, por outra, é o encargado de validar e dar o apoio definitivo ás cualificacións profesionais, a través dun grupo de contraste formado polas principais organizacións empresarias, sindicais e profesionais do sector.

  • Órgano Editor:
    Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Formación e Colocación, Instituto Galego das Cualificacións
  • Ano de edición:
    2002
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • N. de páxinas:
    114 p.
  • Formato:
    24 x 23 cm
  • Título da serie:
    Análise e método
  • DL:
    C 1240-2002
  • Tipo Doc:
    Libro
  • Imprime:
    Grafisant