Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Informe da situación da muller no mercado de traballo galego

Informe da situación da muller no mercado de traballo galego
  • Ano:
    2006
  • Resumo:

    Este informe enmárcase dentro do ámbito dos estudos de mercado laboral de Galicia que elabora o Observatorio das Ocupacións do Instituto Galego das Cualificacións, sobre un dos colectivos que presenta maiores atrancos no seu desenvolvemento profesional.

    O estudo pretende amosar unha diagnose da problemática que suscita a situación laboral da muller galega, dado que esta aínda presenta unha situación de desigualdade no que atinxe ao acceso ao emprego e ás retribucións salariais. De tal forma que poda servir para o deseño dunha axeitada política de programación que desenvolva as medidas correctoras necesarias para dar resposta a esta problemática. Para levar a cabo este obxectivo, se incidiu na evolución experimentada nos últimos anos utilizando os indicadores máis representativos do mercado de traballo (actividade, emprego, desemprego e contratación) nalgún dos cales se produciron cambios importantes respecto a anos anteriores, non tanto polas variacións cuantitativas como polo seu posible significado.

  • Órgano Editor:
    Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Cualificación, Instituto Galego das Cualificacións
  • Ano de edición:
    2006
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Emprego e mercado laboral
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • N. de páxinas:
    31 p.
  • Formato:
    24 x 23 cm
  • DL:
    VG 1080-2006
  • Tipo Doc:
    Folleto
  • Imprime:
    C. A. Gráfica