Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Publicación ]

Informe sobre a contratación temporal en Galicia

Informe sobre a contratación temporal en Galicia
  • Ano:
    2005
  • Resumo:

    No informe sobre a contratación temporal en Galicia analízanse os contratos temporais nos anos comprendidos entre 2000 e 2004, ambos inclusive, e no espazo territorial da Comunidade Autónoma e das catro provincias, así como das comarcas que engloban ás sete grandes cidades de Galicia, polo significativas que resultan en atención ao volume contractual que recollen.

     Analízase tamén o primeiro semestre do 2005 co obxectivo de dispor dos datos máis actualizados posibles, aínda que referenciados unicamente á Comunidade Autónoma e ás catro provincias.

    Por último ofrécense as taxas de rotación, que relacionan o número de contratos co número de persoas contratadas, e de ocupación temporal, que relacionan o traballo temporal co traballo indefinido, tanto das catro provincias como das 53 comarcas da nosa Comunidade Autónoma. Estas taxas non son comparables coas que publica o Instituto Galego de Estatística baseadas en datos da enquisa de poboación activa, senón que proceden das bases de datos do Servizo Público de Emprego de Galicia e da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Optouse por escoller estas taxas por entender que resultaban moi significativas para o noso mercado de traballo, xa que permiten presentar desagregacións por sectores e territorios que non son posibles coas taxas EPA, procedentes dunha información mostral.  

  • Publicación:
    Publicación