Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Publicación ]

Documento de traballo: Prioridades da programación da FPO (Conclusións provinciais)

Documento de traballo: Prioridades da programación da FPO (Conclusións provinciais)
  • Ano:
    2006
  • Resumo:

    O informe de "Prioridades de Programación da Formación Profesional Ocupacional" vense realizando todos os anos no Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións. Este traballo converteuse en ferramenta interna que serve de apoio á análise cualitativa desenvolvida nas mesas de programación da formación ocupacional. Na programación do ano 2006 decidiuse proporcionar un documento síntese do groso da información recollida no informe anterior, para facilitar e axilizar o traballo de ditas comisións de valoración. Recóllense unhas conclusións sintetizadas en catro revistas provinciais, onde se enumeran as especialidades que para cada familia e provincia reflicten mellores resultados.

    Dadas as continuas peticións de información por parte de axentes externos á propia Administración, decidimos facer pública esta información resumida, co fin de proporcionar unha información útil e transparente sobre a priorización de especialidade e familias formativas de formación ocupacional. Esperamos que esta información, que naceu cun carácter marcadamente interno e como ferramenta de apoio á programación de cursos, sexa de interese e manexo habitual por parte das distintas entidades implicadas, ou interesadas, no desenvolvemento das accións formativas para desempregados en Galicia.

  • Publicación:
    Publicación