Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Estudo de necesidades formativas no sector audiovisual en Galicia

Estudo de necesidades formativas no sector audiovisual en Galicia
  • Ano:
    2002
  • Resumo:

    Na nosa sociedade global, a competitividade das empresas determina a esixencia dunha alta cualificación dos recursos humanos, que permita afrontar con garantías os retos que se lle presentan día a día. Neste sentido, observamos, dun tempo a esta parte, un novo complexo de actividade que pasou a converterse primeiramente nun "novo viveiro de emprego" e, posteriormente, en sector estratéxico para Galicia. Trátase do sector audiovisual. Os importantes cambios producidos na tecnoloxía e o esquema de organización empresarial están ocasionando unha carencia de profesionais coa cualificación necesaria para abordar con solvencia os desafíos do novo escenario.

    Para darlle curso a este pronunciamento, a Asociación Galega de Produtoras Independentes e a Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do Instituto Galego das Cualificacións, e contando, así mesmo, coa validación e o recoñecemento da Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles, que colaboraron no presente estudo, permitiron o lanzamento dunha iniciativa que pretende identificar as necesidades de formación no sector audiovisual galego, co propósito de levar a cabo unha adecuada programación das accións a desenvolver, así como contribuír ao desenvolvemento dunha actividade emerxente e que presenta aínda moi boas perspectivas de crecemento na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Órgano Editor:
    Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Formación e Colocación
  • Ano de edición:
    2002
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • N. de páxinas:
    334 p.
  • Formato:
    25 x 20 cm
  • DL:
    C 339-2002
  • Tipo Doc:
    Libro
  • Imprime:
    Eurográficas Pichel