Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Aproximación ó sector da xoiería en Galicia

Aproximación ó sector da xoiería en Galicia
  • Ano:
    2003
  • Resumo:

    O obxectivo deste traballo é a realización dunha primeira caracterización da xoiería, tanto a escala de estrutura sectorial como de oferta formativa. A análise realizada fai unha aproximación á situación actual do subsector na UE, en España e en Galicia, a evolución da actividade e as perspectivas para o futuro. Igualmente, trata as tipoloxías de empresas existentes, concentrándose non só nas súas características xerais, senón tamén no estudo en profundidade de procesos produtivos para os diferentes segmentos de xoiería (ourivería, xoiería semiautomatizada e non automatizada), comparándoos coa análise das estruturas ocupacionais desenvolvida polo INEM.

    O capítulo do emprego ofrece unha visión xeral sobre a evolución da creación de emprego, pero tamén ten en conta a mobilidade laboral e ocupacional. Así mesmo, levouse a cabo un estudo dos principais perfís profesionais, no que se identifican as ocupacións existentes na actualidade e as que están a emerxer no subsector. Por último, relaciónase a oferta formativa en Galicia (regrada, privada, ocupacional, etc.).

  • Órgano Editor:
    Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Formación e Colocación, Instituto Galego das Cualificacións
  • Ano de edición:
    2003
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación, Emprego e mercado laboral
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • N. de páxinas:
    247 p.
  • Formato:
    24 x 23 cm.
  • Título da serie:
    Colección Necesidades formativas
  • DL:
    VG 103-2003
  • Tipo Doc:
    Libro
  • Imprime:
    C.A. Gráfica