Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Impresa / Rede ]

Os posgraos universitarios e a demanda empresarial

Os posgraos universitarios e a demanda empresarial
  • Ano:
    2003
  • Resumo:

    Resultado dos traballos levados a cabo durante o ano 2003 por encargo da Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Confederación de Empresarios de Ourense, o Consello Social da Universidade de Vigo e a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Xa no ano 2000, as entidades promotoras realizaron un estudo sobre Formación universitaria e demanda empresarial. Neste estudo, púxose de manifesto a percepción por parte das empresas de Pontevedra e Ourense da conveniencia de que os titulados universitarios adquirisen, para adecuarse en maior medida ás demandas do mercado laboral, unha serie de competencias adicionais ás proporcionadas polas propias titulacións universitarias a través de formación complementaria.

    Neste estudo formulábase ademais, que, dada a gran flexibilidade que ofrece a formación de posgrao, podía considerarse un dos mellores instrumentos dos que a universidade dispón para facer fronte á escasa orientación que a xuízo de empresas e titulados, teñen os estudos universitarios cara ao traballo. Así e co obxectivo de profundar neste tema, presentouse a necesidade de levar a cabo un estudo que analizase as necesidades reais de posgrao nas empresas do noso contorno.

     

  • Órgano Editor:
    Xunta de Galicia, Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Dirección Xeral de Formación e Colocación
  • Ano de edición:
    2004
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación
  • Publicación:
    Impresa / Rede
  • N. de páxinas:
    124 p.
  • Formato:
    26 x 21 cm.
  • Título da serie:
    Colección Necesidades formativas
  • DL:
    VG 479-2004
  • Tipo Doc:
    Libro
  • Imprime:
    Tórculo, Artes Gráficas