Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Recurso multimedia ]

Mapa integrado de recursos da formación profesional en Galicia

Mapa integrado de recursos da formación profesional en Galicia
  • Ano:
    2007
  • Resumo:

    Publicación de carácter bianual, froito da colaboración entre a Consellería de Traballo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Guía informativa na que se ofrece unha visión global e integrada de todo o mundo da formación profesional na nosa comunidade autónoma: a FP Inicial e os Programas de Garantía Social, que dende a Consellería de Educación se dirixen basicamente a xente nova, a FP de carácter ocupacional, cos cursos do Plan FIP e os programas de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, que a través da Consellería de Traballo se dirixen á poboación adulta, principalmente traballadores desempregados. A escala de toda Galicia e tamén para cada comarca, ofrécense, por cada familia profesional, mapas indicativos dos territorios en que existen ofertas de FP, xunto cunha listaxe de todos os centros que imparten formación en calquera das catro modalidades sinaladas.

    A información sobre as distintas ofertas formativas acompáñase ademais con datos básicos do contexto socioprodutivo: datos de poboación, empresas, traballadores autónomos, traballadores por conta allea, contratos, demandas e ofertas de emprego.

    O Mapa de recursos preséntase nun dobre soporte, de libro e CD-Rom


  • Órgano Editor:
    Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Colocación, Instituto Galego das Cualifcicacións e Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
  • Ano de edición:
    2007
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Formación e cualificación
  • Publicación:
    Recurso multimedia
  • N. de páxinas:
    534 p. : map. col.
  • Formato:
    25 x 22 cm + 1 CD-Rom
  • DL:
    C 1632-2007
  • Tipo Doc:
    Recurso multimedia
  • Imprime:
    Tórculo Artes Gráficas
  • Ano do tomo:
    2007