Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Publicacións

Publicación

[ Electrónica en rede ]

Saídas profesionais comarcais

Saídas profesionais comarcais
  • Ano:
    2016
  • Resumo:

    Esta publicación de carácter anual iniciouse nos anos 2005 e 2006 e serviu como base para a realización dunha aplicación web denominada “Datos sobre ocupacións” (2007), con información estatística referida aos grupos ocupacionais máis contratados nos ámbitos autonómico, provincial e comarcal.

    En 2008 reestrutúrase o resultado final facendo fincapé, non nas ocupacións máis contratadas nas comarcas galegas, senón nos grupos ocupacionais que presentan unha maior ocupabilidade laboral. Trátase, pois, de incidir naquelas ocupacións que mostran mellores resultados nos indicadores manexados, estean ou non entre as máis contratadas na comarca.

    A publicación da nova Clasificación Nacional de Ocupacións no ano 2011 non permitiu empregar a metodoloxía utilizada nas anteriores publicacións de Saídas profesionais comarcais, de aí a aparición dun novo formato publicado nos anos 2012 e 2013.

    O ano 2014 marca o reinicio da metodoloxía anterior, ao contar cun período trienal que permite realizar as series e cálculos cun mínimo de rigor estatístico. En sucesivas publicacións iranse incorporando anos ata acadar un período quinquenal, que consideramos é o máis axeitado neste proxecto.

    Coa publicación deste traballo, o Instituto Galego das Cualificacións persegue acadar un dos seus obxectivos prioritarios: coñecer a situación e a evolución do mercado de traballo galego nos distintos ámbitos territoriais co fin de comprobar cales son as ocupacións máis representativas, e proporcionarlles esa información aos profesionais do emprego, da formación e da orientación laboral.

     

  • Órgano Editor:
    Consellería de Economía Emprego e Industria, Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Instituto Galego das Cualificacións
  • Ano de edición:
    2005-
  • Idioma:
    Galego
  • Área temática:
    Emprego e mercado laboral, Formación e cualificación
  • Publicación:
    Electrónica en rede
  • DL:
    C 3245-2008
  • Tipo Doc:
    Publicación periódica
  • Periodicidade:
    anual
  • Observación:

    Os anos 2005 e 2006 presentan diferente número de D.L.: C 1490-2005.

    Fíxose edición impresa: de 2005 a 2009. A partir de 2010 edítase como publicación electrónica. En 2010 publícase en CD-Rom e en rede e a partir de 2011 só en web.

  • Ano do tomo:
    2005-