Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións > Publicidade de Empresas de Inserción

Publicidade de Empresas de Inserción

FSE

As Empresas de Inserción subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar teñen que cumprir a obriga de adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. De acordo con esta obriga, as Empresas de Inserción deberán anunciar que están sendo subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome do centro, a expresión “Empresa de Inserción” e os logotipos da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, de acordo cos formatos proporcionados pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Para facilitar o cumprimento desta obriga no seguinte enlace pode descargar o manual cos formatos dos rótulos a empregar.

Documentos relacionados