Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Que documentación electrónica debo achegar?

Debe ter escaneado en formato PDF, porque deberá achegalos no proceso de inscrición telemática, os seguintes documentos:

  • Nun único documento PDF: contrato/s co/s servizo/s de prevención.
  • Certificado xenérico da formación específica en materia de prevención emitido por unha entidade homologada para impartir esa formación ou por unha organización preventiva, propia (servizo de prevención propio, servizo de prevención manocumunado, traballadores/as designados/as ou asunción presoal polo empresario) ou allea (servizo/s de prevención alleo/s). Isto responde a un acordo entre sindicatos e empresarios do sector a nivel estatal. Este certificado deberá vir firmado tamén polo empresario e, así mesmo, deberá quedar constancia de que comprende a todos os traballadores que prestan servicios para a empresa en obras de construcción e a todas as persoas que exercen funcións de dirección, conforme ao plan de formación.

Modelo de certificación acreditativa da formación (elaborado polos representantes empresariais)