Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Preguntas frecuentes sobre o procedemento de inscrición no REA de Galicia

Se a súa dúbida non queda resolta, consúltea no buzón rea.galicia@xunta.es.

Podo presentar a solicitude de inscrición en formato papel?

Non. As empresas con domicilio social nunha provincia galega ou desprazadas a Galicia, e que polo tanto deben inscribirse no REA de Galicia, teñen a obriga de inscribirse telematicamente.

Que preciso para presentar a solicitude de inscrición?

Debe dispor dun ordenador con acceso á internet e ter instalado un certificado dixital válido. Comprobe a lista de entidades emisoras de certificados dixitais válidos. O procedemento de obtención do certificado dixital depende da entidade certificadora que escolla. Se por exemplo quere obter un certificado dixital da Fabrica Nacional de Moeda e Timbre infórmese aquí.

Que documentación electrónica debo achegar?

Debe ter escaneado en formato PDF, porque deberá achegalos no proceso de inscrición telemática, os seguintes documentos:

  • nun só documento: contrato/s co/s servizo/s de prevención (cada contrato nun PDF distinto)
  • certificado xenérico da formación específica en materia de prevención emitido por unha entidade homologada para impartir esa formación ou por unha organización preventiva, propia (servizo de prevención propio, servizo de prevención manocumunado, traballadores/as designados/as ou asunción presoal polo empresario) ou allea (servizo/s de prevención alleo/s). Isto responde a un acordo entre sindicatos e empresarios do sector a nivel estatal. Este certificado deberá vir firmado tamén polo empresario e, así mesmo, deberá quedar constancia de que comprende a todos os traballadores que prestan servicios para a empresa en obras de construcción e a todas as persoas que exercen funcións de dirección, conforme ao plan de formación.

Modelo de certificación acreditativa da formación (elaborado polos representantes empresariais)
 

Quen pode presentar a solicitude de inscrición?

A solicitude debe ser firmada electronicamente por a persoa que a presenta. A persoa que presenta a solicitude pode actuar en calidade de empresario ou de representante da empresa. Neste último caso a aplicación pediralle datos sobre o seu apoderamento.

Podo facer a solicitude de inscrición a través dunha xestoría?

Si, pero para que unha persoa da xestoría faga trámites en nome do empresario debe ser representante da empresa, e polo tanto, debe ser apoderada mediante poder notarial (custo aproximado de 30 €)  ou mediante documento privado de apoderamento con firma notarialmente lexitimada (custo aproximado de 6 €).

Pode cubrir a solicitude unha persoa pero ser outra quen a firma electronicamente e a presenta?

Sí. Unha persoa pode facer unha solicitude e deixala en borrador, e outra distinta recuperala, firmala e presentala dende o seu ordenador. Este escenario pode servir para que unha xestoría faga o traballo de mecanización da solicitude, pero que sexa o empresario/representante o que a presenta dende o seu ordenador. Esto evita desprazamentos e a necesidade de apoderar a xestoría. Pero é o empresario/representante quen finalmente debe firmar electronicamente a solicitude, polo que precisa dun certificado dixital.

Que é o primeiro que teño que facer para inscribir a miña empresa?

Para acceder por primeira vez á aplicación web onde se fan os trámites co REA de Galicia, debe rexistrarse como representante de empresa (independentemente de que vaia a actuar coma empresario ou como representante dunha empresa). Para isto debe entrar  na aplicación seleccionando unha provincia galega. Tamén pode empregar o enlace directo "inscribir unha empresa no REA de Galicia" da portada do REA de Galicia. A aplicación solicitaralle que escolla o seu certificado dixital e mostraralle un formulario de rexitro que vostede debe cubrir. Unha vez completado o rexitro do usuario na aplicación, xa poderá seleccionar a opción "solicitude de inscrición".

Xa estou rexistrado na aplicación, como continúo coa inscrición?

Se vostede quere inscribir unha empresa con domicilio social radicado en Galicia ou empresa estranxeira desprazada a Galicia, na aplicación  debe acceder a unha provincia galega. Tamén pode empregar o enlace directo "inscribir unha empresa no REA de Galicia" da portada do REA de Galicia. Tras seleccionar a opción "solicitude de inscrición", preséntanselle unha serie de formularios nos que ten que encher datos xerais sobre a empresa e as súas características preventivas. Tamén deberá indicar  se actúa como representante da empresa ou como empresario, é dicir en nome propio

É necesario que achegue documentación acreditativa da representación?

Non é necesario. Cando no proceso de solicitude indique que actúa como representante, a aplicación pediralle que cubra datos sobre o seu apoderamento, pero non precisa nin está habilitada a opción de xuntar a documentación acreditativa. Porén, debe ter en conta que vostede está firmando dixitalmente a solicitude e declarando que os datos facilitados son certos. A título informativo recordámoslle os tipos de representación e as formas nas que se acreditan:

  • representante legal: escritura de constitución da sociedade / documento público do seu nomeamento de cargo ou administrador
  • representante voluntario: apoderamento mediante documento público ou documento privado con firma notarialmente lexitimada

Trato de inscribirme, pero sáeme a mensaxe "existe un problema con el certificado de seguridad de este sitio web"

Non se trata dun erro, se non dunha advertencia do seu navegador, que lle está decindo que non recoñece coma de confianza o certificado que emprega o servidor web da aplicación para cifrar a información. Non se preocupe por esta mensaxe e escolla a opcíón "Vaya a este sitio web (no recomendado)"