Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Requirimentos técnicos para o sistema de control biometrico de presencia nos cursos de formación

IMPUTACIÓN DOS CUSTOS XERADOS POLA IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE CONTROL BIOMÉTRICO (LECTORES)

Actualización 2017

Se vostede utilizou o sistema anterior ao 2017 necesita realizar unha re-instalación da aplicación. No manual de usuario está explicado detalladamente.

Hardware

  • Procesador Intel® 2GHz ou superior (32-bit ou 64-bit).
  • Memoria RAM 1 GB ou superior.
  • Disco Duro 1 GB de espazo libre.
  • Resolución de Pantalla 1024 x 768 pixeles ou superior.
  • Lector biométrico de pegada dactilar. (ver listaxe de lectores compatibles)
  • Conexión a Internet 5 MB, 10 MB ou superior

Software

  • Sistema Operativo Microsoft Windows XP/Vista/7/8* (32-bit o 64-bit).
  • Máquina Virtual Java JRE 1.7 ou superior.
  • Navegador web: Microsoft Edge, Microsoft Internet Explorer 9, Mozilla Firefox ou Google Chrome.

Intruccións para comprar a licenza

  1. Pedir o “SDK Reference ID” no enderezo sifo@xunta.es
  2. Páxina: http://www.neurotechnology.com/
  3. Ir a: Order online
  4. Apartado: VeriFinger
  5. Additional component licenses for VeriFinger 4.2 / 5.0 / 6.x / 7.x / 8.0 / 9.0 Standard / Extended SDK customers
  6. Additional Fingerprint Client component license(s) (Precio: 70€)
  7. A opción á hora de adquirir a licenza é: "Serial numbers for license activation on specific PC"

Manual con capturas de pantalla do proceso de compra da licenza na páxina de Neurotechnology

Distribuidor en España de Neurotechnology
http://www.neurotechnology.com/distributor-intuate-biometrics.html

Manual e instalador de licenza

  • O manual pódese descargar desde aquí
  • Se non hai ningunha versión de COBIPE SCH instalada no equipo, deberá descargar o INSTALADOR COBIPE SCH desde aquí
  • Se no equipo xa hai instalada algunha versión anterior de COBIPE_SCH, deberá descargar o ACTUALIZADOR COBIPE SCH desde aquí

URL de acceso ao sistema de lectura biométrica: https://emprego.xunta.es/lrpro/web/cobipe

 

Preguntas frecuentes. Ultima actualización 25 de agosto de 2017


  • Comercialización e distribución das licenzas
    • A adquisición de licenzas de uso, a denominada “Neurotechnology Fingerprint Client (1 licencia)” debe se adquirida pola entidade a Neurotechology, ben directamente ou a través da súa rede comercial en España ou globalmente.
    • Uso dos lectores de impresións dactilares U. are U. 4500.
      Dende a Consellería de Economía Emprego e Industria  temos coñecemento que estase a publicitar en diferentes páxinas de internet e por parte de diferentes instaladores que se recomenda o uso dos lectores Digital Persona U. are U. 4500 para o proxecto de recoñecemento de impresións dactilares (no sistema de control de asistencia mediante impresión dactilares a cursos de formación COBIPE).

      A CTB non establece preferencia a favor de ningunha marca e/ou modelo de lector particular, indicando soamente que é necesario o uso dalgún dos lectores soportados polo software de recoñecemento de impresións dactilares (ver lectores soportados nesta páxina).

      A CTB reitera que non existe ningún instalador preferente nin existe ningún proceso de homologación de instaladores, sendo a CTB completamente allea as empresas que fan instalacións ou comercializan solucións "chave en man".
    • O fabricante aclara na sua páxina web as vías de adquisición do produto e a relación cos seus distribuidores a nivel mundial.
      • Neurotechnology distributors
      • Please note that buying either from our distributors or from Neurotechnology means you will receive the same product with the same conditions including technical support from Neurotechnology. Distributors can also provide faster shipping and lower shipping costs for local customers.
  • Como debe ser o equipo necesario para realizar a lectura de pegada dactilar?

    Cada sistema-lector componese de:

    • ordenador PC
    • lector de pegada dactilar compatible
    • licenza de software do lector (fingerprint client)
    • software para rexistrar as lecturas
    • conexión a internet

 

  • Existe algún manual de instalación?

    Sí, e os pasos a seguir resúmense en:

    • instalar o lector de pegada dactilar cos seus drivers
    • executar o instalador que proporciona a CTB co software de Neurotechnology
    • activar a licenza adquirida de fingerprint client
  • É válido realizar as lecturas con outro sistema (por exemplo para fichaxe de empregados) e mais tarde remitilas a Consellería de Economía, Emprego e Industria?

    Non. Este sistema é independiente e o seu funcionamiento é directo a través da conexión a internet.

  • É necesaria unha licenza fingerprint client por cada curso que se imparte?
    • Non. É preciso unha licencia Client por cada aparato lector de pegada dactilar.
    • Cada sistema-lector debe dispoñer da súa licenza.
  • Que número de lectores se precisan en cada local de impartición?
    • É indispensable un sistema-lector en cada local de impartición.
    • Cando nun mesmo local de impartición dan comezo (ou finalizan) simultaneamente varias AA.FF., é recomendable organizar no tempo a lectura da pegada do alumnado para evitar esperas. Nalgún caso podería ser de axuda contar con algún sistema-lector adicional para acelerar o proceso.
  • É posible traballar con varios lectores conectados ao mismo PC?
    Non, cada PC con un lector e cada lector cunha licenza fingerprint-client
  • Qué marca ou modelo de lector é o mais recomendable?
    • A listaxe de lectores biométricos publicada en http://emprego.ceei.xunta.gal correspóndese co que se anuncia como compatible co software de Neurotechnology necesario para este sistema.
    • Os proveedores de sistemas son quen poden aclarar cuestións deste tipo en base a sua experiencia e buscar unha boa relación calidade/prezo.
    • As probas na Xunta de Galicia foron realizadas en base ao Crossmatch LC300
  • Pódense organizar os alumnos por grupo ou curso no sistema?
    O sistema actual utilízase como parte da xestión das asistencias. Os alumnos de distintas AAFF que entre ou saia, pode rexistrar a sua presenza indistintamente sen unha orde establecida.
  • Dónde se rexistra a información das lecturas?
    Toda a información é transmitida on-line e por unha canle segura aos servidores da Xunta de Galicia.
  • Cal é a información mais recente sobre este sistema biométrico (cobipe)?
    A que se puede consultar na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria:
    http://emprego.ceei.xunta.gal/requirimentos-tecnicos-para-o-sistema-de-control-biometrico-de-presencia-nos-cursos-de-formacion
  • O sistema informa se a pegada corresponde ao DNI que se introduciu?
    O sistema mostra a mensaxe "control de presencia rexistrado" indicando que se enviou e rexistrou a pegada correctamente. Non indica que se recoñecera a pegada nin que esta sexa correcta. O sistema rexistra a fichaxe e detecta se se produciu un intento de suplantación de personalidade. Os datos de recoñecemento analízanse internamente na Xunta de Galicia e cotexaranse coas follas de firma. No suposto de suplantacións ou outras incidencias, adoptaranse as medidas oportunas.

 

(1) O soporte para 64-bits está limitado a executar aplicacións en modo 32-bits.
 
Listaxe dos lectores biométricos compatibles
Subsanados os problemas do cliente relativos aos modelos de Digital Persona. Os problemas non eran debidos ao lector.

  • DigitalPersona U.are.U 4000
  • DigitalPersona U.are.U 4500
  • DigitalPersona U.are.U 5100
  • Futronic FS88
  • NITGEN Fingkey Hamster II
  • Suprema SFR300v2