Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Seguridade e Saúde Laboral > Rexistro de Coordinadores de Seguridade Laboral > Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción

Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción

É un rexistro público e voluntario, para incentivar a cualificación dos profesionais que actúen como coordinadores e coordinadoras de seguridade e Saúde nas obras de construción así como para promocionar a súa formación na materia.


NORMATIVA

Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008)

Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se adapta o modelo de solicitude do Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción da Comunidade Autónoma de Galicia e se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG núm.138 do 21 de xullo de 2016)


AMBITO DE APLICACIÓN
Poderán solicitar voluntariamente a inscrición neste rexistro  as persoas que:

  1. Reúnan as condicións mínimas para actuar como coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.
  2. Conten ademais con formación preventiva especializada, conforme o programa formativo que se inclúe no anexo I do decreto 153/2008, do 24 de abril.


PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NO REXISTRO

  • As persoas que desexen inscribirse no rexistro deberán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ou ben poderán presentar a solicitude en soporte papel en calquera dos rexistros establecidos.
  • Correspóndelle á Secretaría Xeral de Emprego ditar a resolución de inscrición no rexistro.
  • A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de 3 meses. Transcorrido o citado prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase denegada.

Ligazóns relacionadas