Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Formación e Cualificacións > Certificados de Profesionalidade > Solicitude de certificado de profesionalidade

Solicitude de certificado de profesionalidade

Teñen dereito á  expedición dun certificado de profesionalidade :

Accións formativas dentro dos programas de formación para o emprego

  • Escolas Obradoiro, Obradoiros de emprego  ou Casas de Oficio
  • Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)
  • Contrato de formación
  • Ciclos formativos
  • Acreditación das unidades de competencia obtidas polo procedemento establecido no  Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo.

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE PULICADOS CON ANTERIORIDADE A SETEMBRO DO 2008 (ANTIGOS)
Relación de cursos
Documentación que deberá presentar:

  • Modelo de solicitude cumprimentada en letra maiúscula.
  • Fotocopia compulsada do NIF/NIE.
  • Fotocopia compulsada do diploma/certificación da acción formativa realizada.


CERTIIFICADOS DE PROFESIONALIDADE PULICADOS CON POSTERIORIDADE A SETEMBRO DO 2008 (NOVOS)

Documentación que deberá presentar:

  • Modelo de solicitude cumprimentada en letra maiúscula.
  • Fotocopia cotexada do NIF/NIE ou marcar na solicitude cunha “X” a autorización para a consulta de datos de identidade.
  • Fotocopia cotexada do diploma/certificación da acción formativa realizada.
  • Fotocopia cotexada da acreditación de cumprir os requisitos de acceso á formación realizada
  • No caso que corresponda, fotocopia cotexada da Acreditación das unidades de competencia obtidas polo procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo.

Presentación de solicitudes

En calquera rexistro administrativo da Xunta de Galicia, no rexistro do seu concello, por correo postal ou por calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

No caso que se envíe por correo postal dirixila ao seguinte enderezo:

Instituto Galego das Cualificacións.
Dirección Xeral de Formación e Colocación.
Consellería de Traballo e Benestar.
Edificio administrativo San Lázaro S/N - 15781 Santiago de Compostela.