Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Trámites

Tramites

[ Secretaría Xeral de Emprego ]

TR803A - COMUNICACIÓN DE APERTURA OU REANUDACIÓN DE ACTIVIDADE DE CENTROS DE TRABALLO

  • Corpo:

    Unidade responsable: 

    Secretaría Xeral de Emprego
     
    Obxecto do trámite

    Comunicar á autoridade laboral a apertura dun centro de traballo ou de continuación da actividade despois de efectuar alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia.

    Quen pode solicitalo
     
    Empresarios ou representantes legais destes
     
    Cando se solicita

    O empresario deberá realizar a comunicación á Xunta de Galicia, previamente ou dentro dos trinta días seguintes ao feito que a motiva, cubrindo a parte A do impreso.

    Non obstante, nas obras de construción incluídas no ámbito de aplicación do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, a comunicación de apertura do centro de traballo deberá ser previa ao comezo dos traballos cubrindo tanto a PARTE A como a PARTE B do impreso, deberá expoñerse na obra nun lugar visible e se manterá permanentemente actualizada, en caso de que se produzan cambios non identificados inicialmente, e só a terán que realizar os empresarios que teñan a condición de contratistas. O promotor deberá facilitar aos contratistas os datos que sexan necesarios para o cumprimento desta obriga. Como consecuencia, os subcontratistas non terán que realizar o trámite de comunicación de apertura.

    Órgano competente
     
    Xefaturas territoriais da Consellería Economía, Emprego e Industria
     
    Qué se debe presentar

    -Solicitude normalizada de comunicación de apertura de centro de traballo ou de continuación da actividade (parte A para todas as empresas e parte B só para as de construción, cun total de 4 copias).

    -Presentarase un Plan de seguridade e saúde no traballo, cando sexa de aplicación o Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción ( BOE 25.10.1997) e, en concreto, cando a empresa realice algunha das actividades que se relacionan. Se non fose esixible o plan de seguridade e saúde, achegarase a correspondente avaliación de riscos:

    a) Escavación.
    b) Movemento de terras.
    c) Construción.
    d) Montaxe e desmontaxe de elementos prefabricados.
    e)  Acondicionamento ou instalacións.
    f) Transformación.
    g) Rehabilitación.
    h) Reparación.
    i ) Desmantelamento.
    j)  Derrubamento.
    k) Mantemento.
    l)  Conservación. Traballos de pintura e limpeza.
    m) Saneamento.

    -Proxecto técnico e memoria descritiva das características da  actividade, cando se trate de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, segundo o  Decreto 2414/1961, do 30 de novembro(BB.OO.EE 7-12, 30-12 e 7-3-1962).

    Prazo de presentación
     
    - Previamente ou dentro dos 30 días seguintes á apertura ou á continuación da  actividade.

    - No caso de obras de construción, sempre antes do inicio dos traballos.
     
    Normativa de aplicación
    AUTONÓMICA:
    Orde do 21 de abril de 1983, sobre presentación dun Plan de seguridade na tramitación de expedientes de apertura de novos centros de traballo no sector da construción ( DOG do 14.06.1983).
    Orde do 1 de xuño de 2016 pola que se aproba e se dá publicidade do modelo de comunicación de apertura ou recomezo da actividade centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
    ESTATAL:
    Orde TIN/1071/2010, do 27 de abril, sobre requisitos e datos que deben reunir as comunicacións de apertura ou de reanudación de actividades nos centros de traballo (BOE n.º 106, do 01.05.2010).
     
    Información complementaria.Trámites asociados
    Presentación da comunicación

    -A comunicación presentarase ante departamento territorial correspondente en función da situación xeográfica do centro de traballo.

    -Se a comunicación non contén os datos e requisitos esixidos, porase en coñecemento do interesado quen ten un prazo de 10 días para corrixir os defectos apreciados. Se o empresario fai caso omiso deste requirimento, enténdese como non realizada dita comunicación.

    -Desde a entrada en vigor do RD 337/2010, do 19 de marzo, desaparece a obriga de realizar o aviso previo nas obras de construción polo que as referencias que se fagan ao aviso previo nas distintas normas existentes deberán entenderse feitas á comunicación de apertura.

    - Segundo a disposición transitoria única da Orde TIN/1071/2010, do 27 de abril:

    1. As comunicacións de apertura referidas a obras de construción efectuadas entre o 24.03.2010 e a data de entrada en vigor desta orde, deberán ser actualizadas conforme ao modelo oficial establecido (partes A e B), antes do 15.06.2010.

    2. Os contratistas en obras de contrución, que na data de entrada en vigor desta orde realizaran traballos en obras que tivesen asignado número de aviso previo conforme ao derrogado artigo 18 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, só deberán cubrir o modelo oficial do anexo cando deban comunicar algunha variación co fin de manter actualizada a comunicación de apertura, consignando o número de aviso previo da obra na recadro correspondente ao número de expediente.

    Trámites conexos

    -Inscrición da empresa na Seguridade Social.

    -Afiliación/alta dos traballadores na Seguridade Social.

    -Formalización da protección de accidentes de traballo e enfermidades profesionais( No Instituto Nacional da Seguridade Social, nunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, ou ben asumindo directamente e ao seu cargo esta continxencia).

    -Adquisición e legalización do libro de visitas para cada centro de traballo (ante a xefatura provincial da Inspección de Traballo e Seguridade Social, da  provincia onde radique o centro de traballo).

    - No caso dos contratistas en obras de construción, adquisición e habilitación do libro de subcontratación (ante os servizos de traballo e economía social das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria)

     Onde acudir
     
    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
    Secretaría Xeral de Emprego
    Subdirección Xeral de Relacións Laborais
    Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
    15781  SANTIAGO DE COMPOSTELA
    Teléfono: 981547241 Fax: 981544659
     
    XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
    Avenida Salvador de Madariaga 1º
    15008  A CORUÑA
    Teléfono: 981185896 Fax: 981185761
     
    XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
     
    SERVIZO  DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
    Ronda da Muralla, 70
    27001  LUGO
    Teléfono: 982294331 Fax: 982294359
     
    XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
     
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
    Avda. da Habana, 79
    32004  OURENSE
    Teléfono: 988386402 Fax: 988386770
     
    XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
     
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
    36202  VIGO
    Teléfono: 986817632 Fax: 986817010

     

Ligazóns Relacionados