Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Trámites

Tramites

[ Dirección Xeral de Promoción e Emprego ]

PROCEDEMENTO E REQUISITOS PARA ACADAR OS ACORDOS SOBRE A TAXA DE ESTABILIDADE EN SECTORES PRODUTIVOS, CONVENIOS COLECTIVOS SECTORIAIS E DE EMPRESA.

  • Corpo:

    Unidade responsable:

    Dirección Xeral de Promoción do Emprego
    Procedemento:

    Os acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade obxecto desta orde deberán acadarse, ata o 30 de marzo de 2009, no seo do Consello Galego de Relacións Laborais, estando lexitimados para a súa sinatura as organizacións sindicais e empresariais máis representativas en Galicia, e as partes lexitimadas para negociar o convenio colectivo correspondente. En defecto de acordo, publicarase resolución do director xeral de Promoción do Emprego nos 15 días seguintes ao remate do prazo establecido.

    Contido do acordo:

    O acordo sobre a taxa sectorial de estabilidade deberá establecer a taxa de estabilidade inicial do sector, asi como a taxa de estabilidade mínima que deberán alcanzar as empresas para poder acceder aos incentivos do programa de plans empresariais de estabilidade no emprego no ano 2009.

    Ámbito de aplicación:
    Os sectores productivos que poderán ser obxecto de acordo sobre a taxa de estabilidade son:
    a. Agricultura, gandaría, caza e silvicultura,
    b. Industria téxtil e da confección,
    c. Construción,
    d. Comercio polo miúdo, agás o comercio de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores;reparación,
    e. Hostalaría.
    f. Industrias agroalimentarias.

    Ademais, poderán acadar estes acordos todos aqueles sectores de actividade en que exista un convenio colectivo sectorial, inclúa ou non unha cláusula sobre a taxa de estabilidade