Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Trámites

Tramites

[ Secretaría Xeral de Emprego ]

TR806A - DEPÓSITO DE ACTAS DE ELECCIÓNS SINDICAIS

  • Corpo:
    OBXECTO
    Ten por finalidade establecer as bases para promover a realización de eleccións a delegados de persoal e membros de comités de empresa. Os promotores comunicarán á oficina pública dependente da autoridade laboral e á empresa o seu propósito de levar a cabo eleccións nun prazo mínimo dun mes de antelación ó inicio do proceso electoral.

    * Unha vez realizado o proceso electoral, o presidente da mesa presentará, na oficina pública de rexistro da provincia e no prazo de 3 días, a acta electoral, as  papeletas dos votos nulos ou impugnados e a acta de constitución da mesa. O presidente poderá delegar por escrito nalgunha persoa que forme parte da mesa.


    Beneficiarios:

    Os seguintes colectivos:

    - Organizacións sindicais mais representativas.
    - Organizacións sindicais que conten cun mínimo dun 10% de representantes na empresa.
    - Traballadores do centro de traballo por acordo maioritario.

    Requisitos:

    Deberán comunicarllo á dirección da empresa e ao Servizo de Relacións Laborais. Tras este comunicado constituirase a mesa electoral marcando o inicio do proceso electoral. Toda a información obtida no proceso electoral débelle ser comunicada á autoridade laboral, quedando así debidamente arquivada e rexistrada na oficina pública de Rexistro de eleccións sindicais dependente das xefaturas territoriais desta consellería.


    NORMATIVA

    ESTATAL
    - Lei 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.
    - Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
    - Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas.
    - Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
    - Real decreto 1844/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o regulamento de eleccións a órganos de representación dos traballadores na empresa.

    DOCUMENTACIÓN
    •    Impresos de eleccións sindicais que poderán atopar no apartado de solicitude.

    SOLICITUDE

    •    Prazo de presentación:  aberto todo o ano

    ONDE ACUDIR
    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA



    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
    SUBDIRECCIÓN XERAL RELACIÓNS LABORAIS
    SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS E SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
    15781  SANTIAGO DE COMPOSTELA
    Tel.: 981 957 752  Fax: 981 544 659


    XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
    Salvador de Madariaga, 9-1º
    Centro Comercial Elviña
    15008  A CORUÑA
    Tel.: 981 185 896 Fax: 981 185 761


    XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
    Ronda da Muralla, 70
    27001  LUGO
    Tel.: 982 294 329 Fax: 982 294 359


    XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
    Av. da Habana, 79
    32004  OURENSE
    Tel.: 988 386 401 Fax: 988 386 770


    XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
    Rúa Concepción Arenal, 8 - 2º
    36202  VIGO
    Tel.: 986 817 008 Fax: 986 817 010