Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Trámites

Tramites

[ Secretaría Xeral de Emprego ]

REA - REXISTRO DE EMPRESAS ACREDITADAS DE GALICIA PARA INTERVIR NO PROCESO DE CONTRATACIÓN NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN

  • Corpo:

    Unidade responsable:

    Secretaría Xeral de Emprego

    Información e contacto

    Para consultar dúbidas sobre o REA de Galicia:

    • Buzón rea.galicia@xunta.es
    • Teléfono 012: información administrativa da Xunta de Galicia
    • Dende fora de Galicia : 902 12 00 12
    • Dende o estranxeiro : 981 545 734, 981 544 758 ou 981 957 758  

    Normativa

    RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO REA:

    As empresas inscritas no REA deberán renovar a súa inscrición dentro do período dos seis meses anteriores á data de caducidade da referida inscrición. Para isto, o programa informático emitirá, ao inicio dese período de seis meses, un aviso ao correo electrónico que figura na correspondente inscrición. Non obstante, en caso de non recibilo, poderán igualmente facer a renovación a través do programa informático rea.mtin.es, dentro do referido período de seis meses.

    Para a renovación, ademais de actualizar os datos e condicións da empresa, deberán achegar, coma no caso da inscrición, os seguintes documentos en pdf:

    • CERTIFICADO DE FORMACIÓN:

    Deberan enviar o modelo que figura nesta mesma páxina, no apartado "Inscrición dunha empresa", "Documentación electrónica que debe achegar". Con este documento estarán acreditando a formación que establece a Lei 32/2006, de subcontratación. As empresas ás que lles sexa de aplicación o Convenio Colectivo Xeral da Construción, deberán acreditar a formación establecida no seu Título III, primeiro e segundo ciclos (formación inicial e específica).

    MOI IMPORTANTE: xunto con este certificado NON DEBERÁN incluír ningún outro documento nin anexo.

     

    • CONTRATO/CONCERTO CO SERVIZO DE PREVENCIÓN:

    Deberán acreditarse tanto as especialidades técnicas como a vixilancia da saúde.

    No caso de tratarse de servizos de prevención ALLEOS á empresa, se teñen contratadas as especialidades técnicas e vixilancia da saúde mediante contratos independentes, deberán escanear os dous contratos xuntos no mesmo pdf.

    Organización do rexistro

    O Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia só admite realizar as correspondentes inscricións por vía telemática.  Esta é a páxina de entrada ao REA de Galicia e nel débense rexistrar as empresas:

    • empresas con domicilio social en Galicia
    • empresas estranxeiras que despracen traballadores a España, por 1ª vez dende que se constitúa o REA, no marco dunha prestación de servizos transnacional (Lei 45/1999, do 29-11) e dita prestación se vaia levar a cabo nunha provincia galega

     Inscrición dunha empresa

    Para inscribir unha empresa deberá empregar un certificado dixital válido.

    A primeira vez que acceda ao REA deberá rexistrarse coma usuario da aplicación (empregando un certificado dixital). Unha vez completado o formulario de rexistro xa poderá proceder coa inscrición.


    Se desexa obter máis información sobre o REA e a obtención do certificado de firma dixital pode acceder ao programa informático común para todo o Estado español, desde onde tamén poderá inscribir unha empresa seleccionando unha provincia galega.

    Solicitude e descarga de certificados de inscrición

    Calquera persoa física pode solicitar e descargar certificacións sobre as inscricións rexistrais existentes en calquera rexistro autonómico relativos a calquera empresa contratista ou subcontratista inscrita no rexistro. A persoa que fai a solicitude precisa dun certificado dixital válido.

     Comprobar a validez dun certificado de inscrición

    Calquera pode comprobar a validez dun certificado de inscrición no REA, só se precisa coñecer o número de localizador que aparece na parte inferior do impreso do certificado.

     Consultar si unha empresa está inscrita

    Calquera pode comprobar se unha empresa está inscrita no REA