Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Formación e Cualificacións > Unidades de Formación en Empresas

apoio

A Formación e as Cualificacións

Portal de Emprego

NOVAS UNIDADES DE FORMACIÓN DE EMPRESAS


A Xunta dedicará este ano 3 millóns de euros a esta medida, que estaba demandando o tecido empresarial galego. A iniciativa busca reforzar a inserción laboral e consolidar as boas cifras de creación de emprego

 
O Goberno galego está a traballar na creación das novas Unidades de Formación de Empresas, un programa que ligará o apoio da Xunta á cualificación das persoas desempregadas co compromiso de contratación por parte das compañías. Esta iniciativa, que responde ás demandas do tecido produtivo e do mercado laboral, suporá un investimento por parte da administración galega de 3 millóns de euros.
 
En concreto, a Xunta financiará o 100% dos proxectos de formación presentados por empresas ou grupos de empresas que pidan axudas para formación para un mínimo de 50 desempregados, sempre e cando asuman un compromiso de contratación desas mesmas persoas sen emprego.
 
Preténdese beneficiar a 900 persoas sen emprego a través da posta en marcha de 60 unidades formativas.
 
As empresas deberán comprometerse a un mínimo de contratación do 60% do alumnado que se forme nas súas compañías por un período mínimo inicial de 6 meses. Trátase dun programa flexible a través do que se dará prioridade á Industria 4.0 e aos sectores estratéxicos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia- RIS3.
 
Ademais, ao abeiro deste programa, apoiaranse as contratacións indefinidas iniciais e temporais con axudas de entre 200 a 9.000 euros para aquelas firmas que superen o compromiso de contratación do 60% das persoas formadas nestas Unidades Formativas das Empresas.