Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Formación e Cualificacións > Unidades de Formación en Empresas

apoio

A Formación e as Cualificacións

Portal de Emprego

NOVAS UNIDADES DE FORMACIÓN DE EMPRESAS

A Xunta ten activadas as convocatorias para as Unidades Formativas na Empresa tanto para persoas ocupadas como desempregadas coas que se ofrece formación especializada e á carta.

Coa iniciativa para traballadores, recibirán cualificación 1.500 traballadores en 500 empresas de sectores estratéxicos vinculados coa Axenda Industria 4.0.  A Xunta destina 4,5 millóns de euros e o prazo para presentar as solicitudes remata o 2 de abril.

O Goberno galego financia o 100% da cualificación, priorizando actuacións vinculadas co naval, a silvicultura, transformación de madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática. O principal requisito deste programa de axudas é que as compañías pertenzan a algún dos sectores estratéxicos da Axenda Industria 4.0.

Enlace á DOG da convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180202/AnuncioG0424-080118-0001_gl.html


Unidades Formativas para desempregados
As Unidades Formativas na empresa para desempregados conta cun orzamento de 1,85 millóns de euros. A Xunta financia o 100% da cualificación e incentiva a contratación, mentres que as empresas, pola súa banda, teñen que comprometerse a contratar como mínimo ao 40% dos alumnos que participen en cada unha das 40 unidades previstas.

O prazo para presentar as solicitudes das axudas correspondentes ao financiamento das accións formativas con compromiso de contratación rematará o 5 de abril. No caso dos incentivos á actividade laboral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da contratación laboral que se produza ao remate da acción formativa, respectando en todo caso o límite máximo do 14 de decembro de 2018.

Para aquelas compañías que superen o compromiso mínimo de contratación ofreceráselles axudas para promover os contratos indefinidos, que oscilan entre os 7.000 e 16.000 euros. O apoio mínimo de 7.000 euros aumentará ata os 8.000 para os parados de longa duración, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Ademais, as mulleres, maiores de 45 anos e emigrantes retornados, así como as empresas emprazadas no rural, recibirán un 25% máis de axuda sobre os 7.000 ou 8.000 euros, segundo sexa o caso, podendo chegar os apoios, desta maneira, aos 16.000 euros.

Nesta convocatoria, optarán a estas axudas as empresas ou agrupacións temporais de firmas que presenten unha solicitude conxunta.

Enlace á DOG da convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180205/AnuncioG0424-080118-0005_gl.html


Para máis información sobre as Unidades Formativas na Empresa, a Xunta habilita o seguinte número de teléfono:  900 815 333